Aviso legal

DATOS DA EMPRESA

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, o Concello de Muxía, promotor do proyecto “Muxía. Camiñando cara ó mar”, infórmao de que os seus datos identificativos os seguintes:

Denominación social é Concello de Muxía
CIF: P1505300B
Domicilio social: Rúa Real, 35; 15.124 Muxía - A Coruña
Teléfono: 981 742 001 Fax: 981 742 298
Correo electrónico a efectos de comunicación: info@caminandocaraomar.com

Todas as notificacións e comunicacións entre os usuarios e o Concello de Muxía consideraránse eficaces, para todos os efectos, cando se realicen a través de correo postal ou calquera outro medio dos detallados anteriormente.

CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN

O presente aviso legal regula o uso do sitio web (en adiante, A WEB), do que é titular o Concello de Muxía.

A navegación pola web do proxecto “Muxía. Camiñando cara ó mar” atribúe a condición de usuario deste e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal, que poden sufrir modificacións.

O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto, non obstante, o Concello de Muxía condiciona a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos na súa web á previa cumprimentación do correspondente formulario.

Todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconos, tecnoloxía, software, así como o seu deseño e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence ao Concello de Muxía, sen que poidan entenderse cedidos ao usuario ningún dos dereitos de explotación sobre os mesmos máis alá do estritamente necesario para o correcto uso da web.

O usuario garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique ao Concello de Muxía e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice. O usuario obrígase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal.

O usuario responderá fronte ao Concello de Muxía ou fronte a terceiros, de calquera danos e prexuízos que puidesen causarse como consecuencia do incumprimento da devandita obriga.

POLÍTICA DE LIGAZÓNS E EXENCIÓNS DE RESPONSABILIDADES

O Concello de Muxía non se fai responsable do contido das páxinas web ás que o usuario poida acceder a través dos enlaces establecidos no seu website e declara que en ningún caso procederá a examinar ou exercitar ningún tipo de control sobre o contido doutras páxinas da rede. Así mesmo, tampouco garantirá a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de páxinas alleas á súa propiedade ás que se poida acceder por medio dos enlaces.

O Concello de Muxía declara ter adoptado todas as medidas necesarias para evitar calesquera danos que, aos usuarios do seu website, puidesen derivarse da navegación pola súa páxina web. En consecuencia, o Concello de Muxía non se fai responsable, en ningún caso, dos eventuais danos que pola navegación por Internet puidese sufrir o usuario.

USO DE COOKIES E DATOS ESTATÍSTICOS

Esta páxina web non recolle nin almacena datos persoais dos seus visitantes.
Unicamente, coa finalidade de ofrecerlle o mellor servizo a través desta páxina, e co obxecto de facilitar o seu uso, analízanse o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a súa frecuencia de utilización.

Para estes efectos, utilízanse os datos estatísticos elaborados polo Provedor de Servizos de Internet de mundo-R.com. Con esta información analízase a frecuencia de uso da web da mercantil a partir dos datos de conexión, e as seccións máis visitadas. O Concello de Muxía non utiliza cookies para recoller información dos usuarios dende a súa páxina web nin rexistra as súas direccións IP.

O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador de modo que se lle informe da recepción de cookies, podendo, se así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro. Non obstante, para o acceso á website do Concello de Muxía non será preceptiva a instalación de cookies.

PROTECCIÓN DE DATOS

Infórmase que os datos persoais que nos facilite voluntariamente, a través dos distintos formularios da web, serán incorporados a un ficheiro titularidade do Concello de Muxía con domicilio en Rúa Real, 35; 15.124 Muxía - A Coruña, que cumpre coas medidas de seguridade esixidas no Real Decreto 1720/2007 do 21 de decembro. A finalidade do devandito ficheiro é a prestación e administración do servizo contratado ou solicitado, así como a realización de estatísticas, a remisión de publicidade e outras promocións comerciais que o Concello de Muxía poida efectuar nun futuro.  

Mediante o envío dos mencionados formularios, o usuario autoriza a enviarlle información e comunicacións comerciais a través de correo postal, correo electrónico ou fax dos produtos e servizos da empresa.  

Así mesmo, o Concello de Muxía cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixasen de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

O usuario poderá revogar o consentimento prestado e exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito ao Concello de Muxía, na seguinte dirección Rúa Real, 35; 15.124 Muxía - A Coruña, ou ben a través do seguinte correo electrónico info@caminandocaraomar.com, identificándose debidamente e indicando de forma visible o concreto dereito que se exerce. 

O Concello de Muxía adopta os niveis de seguridade correspondentes requiridos pola citada Lei Orgánica 15/1999 e demais normativa aplicable. Non obstante, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario.

MÁIS QUE VER

Busca os QR!

Como ler un código QR?


Descarga as audioguías das nosas rutas sensoriais: Ruta da Vila, Ruta a Touriñán-Nemiña e Moraime-Area Maior.

Ampliar información

Rede Turística

Busca o que precises durante a túa visita entre os negocios adheridos!

Ampliar información

Vídeos Muxía TV

Coñece Muxía!

Concello de Muxía   Rúa Real, 35 - 15124 Muxía   Telf.: 981 742 117   info@caminandocaraomar.com
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Muxía