Cabo Touriñán: o último sol

Touriñán mira ao mar. Dúas veces ao ano, a principios da primaveira e finais do verán, o cabo Touriñán convértese na última liña de sombra do ocaso na Europa continental.

A posición natural desta punta de terra que se introduce impasible un quilómetro no océano Atlántico convérteo no lugar por onde desaparece o último raio de sol da Europa continental. Son uns dous meses e medio ao ano para gozar dunha simbólica posta de sol neste salvaxe tramo da Costa da Morte. Este é un lugar solitario. De aí tamén a súa beleza.

Faro en cabo Touriñán


Dende o equinoccio de primavera, entre o 21 de marzo e o 25 de abril, e despois, do 13 de agosto ata o 22 de setembro, este lugar convértese nun excelente balcón para presenciar o finis solis. Non hai que facer nada especial para aproveitar o momento, só vir ata aquí na hora convida.   

A situación de cabo Touriñán, a 9 grados, 17 minutos e 53 segundos de lonxitude oeste, outórgalle este privilexio natural. Cabo Touriñán toma o relevo do cabo da Roca, en Portugal, e logo, cédello ao cabo Vardetangen, en Noruega, tal e como explica o catedrático de Física Aplicada (USC) Jorge Mira Pérez,  autor do estudo “Análise de liñas de ocaso no occidente de Europa”. Ademais, está considerado o punto máis extremo ao oeste da España peninsular.   

O traxecto dende a vila de Muxía ata o cabo Touriñán dista uns 17 quilómetros a carón da costa. Facer o camiño a pé é unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man este litoral abrupto e áspero, de vexetación mol e sufrida contra os feros ventos do Atlántico.

Curiosidades: Dende o cabo Touriñán, de setembro a novembro, tamén se pode observar o constante paso migratorio de numerosas aves.

Ligazóns

MÁIS QUE VER

Busca os QR!

Como ler un código QR?


Descarga as audioguías das nosas rutas sensoriais: Ruta da Vila, Ruta a Touriñán-Nemiña e Moraime-Area Maior.

Ampliar información

Rede Turística

Busca o que precises durante a túa visita entre os negocios adheridos!

Ampliar información

Vídeos Muxía TV

Coñece Muxía!

Concello de Muxía   Rúa Real, 35 - 15124 Muxía   Telf.: 981 742 117   info@caminandocaraomar.com
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Muxía