O congro seco, cultura culinaria

Congro no secadoiro da Pedriña

Muxía recibiu e recibe a innumerables viaxeiros. Moitos veñen por motivos relixiosos; coma os que camiñan ata o santuario da Nosa Señora da Barca; a onde tamén chegan os peregrinos que completan o Camiño Xacobeo cara ao océano Atlántico. Tamén ata aquí chegaban os bilbilitanos dende a localidade aragonesa de Calatayud. No Medievo traían cordas para os barcos de Muxía e levaban de volta, como pago en especie, pezas de congro dos secadoiros da ribeira que transformaron nunha delicatessen para o padal, que se segue consumindo hoxe en día. En Muxía consérvanse os dous únicos secadoiros de congro de toda a Península onde o proceso de curación e secado do peixe é totalmente artesanal.

A sinxela receita de garavanzos á bilbitaína, na que outro ingrediente principal é o congro seco de Muxía, forma parte da cultura culinaria desta zona de Zaragoza e doutras áreas de interior como Castela, Soria, La Rioja, localidades de Aragón, pero tamén Reus, en Cataluña. Cómese, sobre todo, en Semana Santa e en Nadal.  

Tamén na Semana Santa de Muxía se organiza unha festa do congro na que os restaurantes locais preparan diferentes especialidades que teñen como base este peixe.

Ligazóns

MÁIS QUE VER

Busca os QR!

Como ler un código QR?


Descarga as audioguías das nosas rutas sensoriais: Ruta da Vila, Ruta a Touriñán-Nemiña e Moraime-Area Maior.

Ampliar información

Rede Turística

Busca o que precises durante a túa visita entre os negocios adheridos!

Ampliar información

Vídeos Muxía TV

Coñece Muxía!

Concello de Muxía   Rúa Real, 35 - 15124 Muxía   Telf.: 981 742 117   info@caminandocaraomar.com
  • GAC 3 Costa da Morte
  • Fondo Europeo de Pesca
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • Web municipal Muxía